About

Son eu así, galega de Vigo. Máis datos? Son morena, de cabelo máis ben claro e moi crecho; son moi alta, pero moito; e non, non xogo ao baloncesto nin son modelo, aínda que fixen as dúas cousas moito tempo atrás.

Non me gusta poñer fotos miñas, porque non saio ben. Unha vez un sabio díxome: “Non che hai outra: Se saes mal é porque es fea”. E non sei se é así ou non, pero para compensar, direi que teño un corpo bastante aceptábel.

De profesión son educadora social e orientadora laboral. Fóra diso, tamén actúo ás veces como humorista e escribo; escribo sempre, sempre que podo, claro. Hai momentos en que non é posíbel, isto, amig*s, échevos así. Se estou comendo non escribo. Porque como, e como moito, tamén. Xa vedes que hai moitos “moito”.

Sonvos bastante punkarra, aínda que levo a crista un pouco disimulada por esixencias do guión da vida. Iso sí, ferralla toda a que podo, camuflada entre aneis e cadeas. Por exemplo, teño un anel que é unha abrazadeira de tubo (ou brida, chamádelle X). Semella un anel, pero…

Tamen son moi de vicios: Fumo seguido, préstame comer de máis e nunca lle digo que non a unha Estrella (Galicia), que é a causa pola que Coruña merece ser recoñecida.

Como boa viguesa, defendo a miña cidade, co seu caos urbano e as súas costas, cos seus edificios altos e as casiñas con patio, grelos e galiñas detrás dos monstros de formigón. E así van pasando os días da miña vida, entre vistas fantásticas da ría máis fermosa do mundo e paseos polo asfalto e a pedra desta cidade desordenada coma quen suscribe e se despide con

Bicos e apertas para tod*s vós!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s