Cousas de cidade

E metinme no Voitrasa para ir do barrio no que agora vivo ao meu barrio de sempre. Están un á beira do outro. Pegadiños. Pero non hai Voitrasa que os empate directos. Teño que dar a volta polos Canos e subir pola Trave até os Choróns e dos Choróns a pé até o meu barrio de sempre, porque non queren meter un bus que suba pola rúa Aragón igual que tampouco non hai un que empate García Barbón cos Choróns directo, e tamén obrígannos a dar volta polos Canos, vinte e cinco minutos perdidos, no canto de subirmos polo Nó de Isaac Peral.

E nos tempos de Vitrasa -intermedios sen visita ao baño- vou pensando nesas cousas nas que a vida non nos permite parar a cavilar.

Boa viaxe!!

Deixar un comentario